Seminario de Topoloxía de Superficies

O traballo arredor das sesións de Seminario, ademais do seu valor formativo, xoga un papel destacado no proceso de avaliación continua. Para a organización do traballo séguense as seguintes pautas:

  • Procurarase que cada estudante teña a ocasión de explicar no encerado un exercicio e participar na exposición dun tema.
  • A tal fin, constitúense 20 equipos, 5 por cada grupo de Seminario.
  • Cada equipo terá que expoñer, colectivamente, un tema nunha sesión do Seminario.
  • Será a única tarefa a desenvolver necesariamente de forma colectiva polo equipo. As restantes sesións do Seminario adicaranse á resolución de exercicios.
  • Cada exercicio se propoñerá a un equipo, como forma máis flexible de asignación, e será o propio equipo quen acorde que persoa o resolve.

Ao integrar un equipo, cada estudante adquire un compromiso de traballo, tanto co resto do equipo coma co conxunto do grupo do Seminario. Non se obrigará a ninguén a participar, aínda que non é doado realizar a avaliación continua de quen non participe.

Para facilitar e axilizar o traballo no Seminario, haberá semanalmente una sesión de Titoría programada.

A seguinte táboa recolle a Programación prevista do Seminario. O nome de cada tema será o enlace para o material correspondente.

Sesión
Tema
Modalidade
2/3 febreiro Conexidade Exercicios
9/10 febreiro Conexidade por camiños Exercicios
23/24 febreiro Grupos topolóxicos – G5 Exposición
2/3 marzo Compacidade Exercicios
9/10 marzo Acción de grupos – G3 Exposición
16/17 marzo Superficies Exercicios
23/24 marzo Característica de Euler Exercicios
6/7 abril Revestimento de orientación dunha superficie – G1 Exposición
13/14 abril Homotopía Exercicios
20/21 abril Grupo Fundamental dos grupos topolóxicos – G2 Exposición
27/28 abril Homotopía e Grupo Fundamental Exercicios
4/5 maio Grao dunha aplicación – G4 Exposición
11/12 maio Cálculo do grupo fundamental e Recompilación Exercicios
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s