Materiais para o Seminario

Curso 2017-18

O traballo arredor das sesións de Seminario, ademais do seu valor formativo, xoga un papel destacado no proceso de avaliación continua. Para a organización do traballo séguense as seguintes pautas:

  • Procurarase que cada estudante teña a ocasión de explicar no encerado un exercicio e participar na exposición dun tema.
  • A tal fin, constitúense 20 equipos, 5 por cada grupo de Seminario.
  • Cada equipo terá que expoñer, colectivamente, un tema nunha sesión do Seminario.
  • Será a única tarefa a desenvolver necesariamente de forma colectiva polo equipo. As restantes sesións do Seminario adicaranse á resolución de exercicios.
  • Cada exercicio se propoñerá a un equipo, como forma máis flexible de asignación, e será o propio equipo quen acorde que persoa o resolve.

Ao integrar un equipo, cada estudante adquire un compromiso de traballo, tanto co resto do equipo coma co conxunto do grupo do Seminario. Non se obrigará a ninguén a participar, aínda que non é doado realizar a avaliación continua de quen non participe.

Para facilitar e axilizar o traballo no Seminario, haberá semanalmente una sesión de Titoría programada. A asistencia será obrigatoria para quen teña que espoñer (un exercicio ou un tema) na seguinte sesión do Seminario; o que supón a asistencia a dúas titorías. Naturalmente, pódese asistir voluntariamente a todas.

A seguinte táboa recolle a Programación prevista do Seminario. O nome de cada tema será o enlace para o material correspondente.

Sesión
Tema
Modalidade
12/18/19 setembro Sesións especiais Exercicios
25/26 setembro Espazos topolóxicos Exercicios
2/3 outubro Xeración de Topoloxías Exposición
9/10 outubro Continuidade Exercicios
16/17 outubro Espazos métricos Exercicios
23/24 outubro Metrizabilidade e numerabilidade Exercicios
30/31 outubro Aplicacións lineares Exposición
6/7 novembro Topoloxía da converxencia uniforme Exposición
13/14 novembro Espazos suma e produto Exercicios
20/21 novembro Produtos arbitrarios Exposición
27/28 novembro Espazos cociente Exercicios
4/5 decembro Accións de grupos e espazos homoxéneos Exposición
 11/12 decembro  Espazos normais  Exercicios

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s